Axenda de actividades provinciais

Exposición "Color y Vida"

Desde Fri Apr 19 00:00:00 GMT 2024 ata Sun May 05 23:59:00 GMT 2024
Palacete das Mendoza. Pontevedra

Soco Vara de Rey (Pontevedra, 1948) comezou a pintar de maneira autodidacta en 1970, aprendendo en Bilbao, onde residía, cos pintores Carmelo Bilbao e Consol Xiberta. Posteriormente, ao longo dos anos formouse con artistas como Eduardo Peña ou Enrique González, en Madrid, se ben tamén realizou diferentes cursos en Paquistán ou Viena, lugares nos que viviu en diferentes épocas da súa vida.